Paxaro da familia dos frinxílidos, de ás aguzadas, cola longa e peteiro cónico e delgado, coa plumaxe de cor amarela, verdosa ou abrancazada, ás veces con manchas pardas, que ten un canto moi agradable
Etimoloxía
Denominación que fai referencia á orixe do paxaro a illas Canarias. Nome científico serinus canaria.
Exemplos *
“Desde alí gustáballe observar o fervedoiro do peirao durante a primavera mentres escoitaba cantar o seu canario, recollido no interior dunha gaiola branca que sacaba á solaina nos seráns de bo tempo.” (Antonio Manuel Fraga: A virxe das areas, 2017)
“Don Quinciano agardou o nomeamento. Pero endexamais chegou. A morte sorprendeuno sentado á porta da súa casopa entre o rechouchío dos xílgaros e dos canarios que disque pintaba para vendelos no mercado.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.



