Aro fixado a un taboleiro, do que pende unha rede aberta e por onde se debe pasar o balón no xogo do baloncesto.
Etimoloxía
Chegounos a través do latín, se ben procede do grego kánastron 'cesto'.
Exemplos *
"Este deporte da canastra ten unha relación moi especial con case que calquera estilo de música e de feito en Estados Unidos existía un programa chamado Básket and Music …" (Xabier Sanmartín: Galicia Hoxe 18-02-2005)
"Esta tarde chamoume o meu colega Marcos para que fose botar uns tiros con el ás canastras do pavillón." (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


