canaveira

Planta da familia das gramíneas, de entre tres e seis metros de altura, talo oco e flexible, follas anchas e ásperas e flores en panícula terminal de ata setenta centímetros

Etimoloxía

Termo derivado sobre a voz “cana” que vén do latín canna que significaba ‘xunco’ ou ‘cana’.

Exemplos *

“Na lagoa de Vixán é destacable a canaveira constituída polo carrizo, acompañado na parte posterior da lagoa por espadanas e por lirio amarelo.” (José Luís Estévez: GCiencia, 25-9-2018)

“As canaveiras e as pólas dos ramallos cubrían os ríos e os sitios máis fondos e os remansos máis codiciados. Por iso, desde a herba, para saber se había troitas, primeiro tirabámoslles saltóns e, se as había, xa viñan comer.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.