cancán

Baile de orixe francesa e ritmo rápido, executado xeralmente por mulleres.

Etimoloxía

A palabra procede do francés, inicialmente co sentido de 'arenga' e logo co de 'ruído', e apúntase que podería proceder do latín quamquam 'aínda que', forma coa que se iniciaban frecuentemente os mencionados discursos.

Exemplos *

"As clases naquel baixo inhóspito, os crueis invernos, as actuacións en locais miserentos, o jazz ou o cancán, daba igual." (M. Lourenzo González: Noites de papel)

"Recoñezamos que para ter as dúas pernas de madeira e un brazo ortopédico non bailaba mal o cancán." J.A. Martínez Rodríguez e L. Baranga: Un pequeno favor e outras historias de humor perverso)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.