cancereixo

Árbore caducifolia da familia das rosáceas, de cortiza lisa de cor gris, follas alternas, flores brancas recendentes e froitos globosos, pequenos e de cor vermella intensa

Etimoloxía

Relaciónase coa palabra “cereixo” que é un termo que bebe do latín vulgar ceresia que remite ao clásico cerasiu ‘cerdeira’.

Exemplos *

“Universidade de Santiago ten en marcha outros dous proxectos de investigación sobre a vexetación autóctona da Serra do Courel. Un deles céntrase na bioloxía do capudre, árbore coñecida noutras zonas de Galicia como cancereixo, escornabois ou sorba” (redacción: La Voz de Galicia, 12-6-2002)

“Mantíñase, tamén, algunha das edificacións que xuntos construíran. E o recendo a lavanda que trouxeran os irmáns que viaxaban nun carro tirado por un cabalo branco. E os carballos e cancereixos e sobreiras.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.