Composición, xeralmente en verso, á que se lle pon música para ser cantada / Música que acompaña esta composición
Etimoloxía
Vocábulo procedente do latino cantionem cun significado parecido.
Exemplos *
“O vento cheira a cadáver / a vítima diaria da harmonía universal / a apocalíptico vertedoiro / antes de sementar nas nosas almas vencidas / unha canción sen memoria.” (Luísa Villalta: En concreto, 2004)
“Seica lle pedira de favor que o acompañase, que o precisaba para interpretar as súas novas cancións, que nos últimos tempos perdera moita voz e quería probar fortuna na corte do Boloñés.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.