cancro

Tumor maligno formado pola proliferación de células dun tecido ou dun órgano, con tendencia a estenderse a outros e destruílos

Etimoloxía

Denominación que remite ao latín cancer ‘cangrexo’.

Exemplos *

“Os promotores e defensores do Proxecto Xenoma argumentan que os beneficios potenciais do mesmo son enormes e que pode levar á erradicación non só do cancro, senón de todas as enfermidades xenéticas e mesmo de moitas outras doenzas infecciosas.” (Daniel Soutullo: Os xenes e o futuro humano, 1998)

“Algúns autores consideran que os factores nutricionais e outros factores englobados no denominado "estilo de vida" poden ter relación coa aparición do 30% dos cancros.” (Arturo Hardisson de la Torre: Antioxidantes naturais. Aspectos saudables, toxicolóxicos e aplicacións industriais, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.