candea

Obxecto de cera en forma de cilindro longo, que leva unha torcida no seu interior e serve para alumar.

Etimoloxía

Formado sobre o termo latino candela, –ae que significa 'candea' nun principio e logo 'lámpada'.

Exemplos *

"Máis de mil cincocentas candeas, segundo alguén comentara durante a mañá, iluminaban a escena dándolle aínda máis aire de festa." (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)

"E no medio daquela escuridade aparece, como unha ringleira de candeas, fachas acesas, estreliñas brancas…" (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.