Persoa que aspira a ocupar unha praza ou posto, a gañar un premio, unha elección etc.
Etimoloxía
Procede do latín candidatus, formado a partir do verbo candere ‘ser branco’, xa que os candidatos ían vestidos cunha toga branca.
Exemplos *
"…Otero preferiu a discreción, e non quixo ser candidato a deputado nas eleccións de febreiro do 36, cando por decisión maioritaria nos integramos nas candidaturas do Frente Popular." (X. Amancio Liñares Giraut: Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun galego inconformista)
"Así a todo, eran os nacionalistas os que decidían o alcalde, e déronlle o voto ó Florencio de Támboga, que lles gustaba ben máis có outro candidato, un cura que lle chamaban o Dourado." (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.