candil

Especie de lámpada primitiva que se colga na parede e que serve para alumar por medio dunha torcida, que arde alimentada polo aceite que vai nun recipiente.

Etimoloxía

Remite, igual ca candea, ao latín candela, -ae, pero chegou a través do árabe qandil 'lámpada'.

Exemplos *

"Sorriu, aínda un pouco abraiada por culpa de tanta perda reunida no seu soño e, sen facer ruído ningún, deixou a cama e acendeu o candil." (Dolores Ruiz: Dentro da illa)

"Libros así son o candil de ver os pasos que demos e os moitos que nos quedan por dar aínda no longo camiño do porvir colectivo." (Xesús Redondo Abuín: A Nosa Terra 21-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.