caneiro

Pequena presa nun río para conducir a pesca ata unhas redes onde se recolle

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre a palabra “cana” que nos chega desde o latín canna que significa ‘canaveira’ ou ‘xunco’.

Exemplos *

“Un mar que cae e pinga, que devala no Ulla por esteiros improvisados, por caneiros, por golforóns ou por fervenzas, na boca chea e toldada dos regatos de Imo, de Reboiras e Sernanselle.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

“Pasaron logo por riba dunhas vacas da cor das castañas que pacían nunha braña e andaban mainas e caladas coma nubes. Pairaron logo os gansos pacificamente por riba de insuas e caneiros e pequenas praias de areas morenas.” (Bernardino Graña: Curros Enríquez e os gansos, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.