canella

Camiño estreito e fondo entre elevacións do terreo, paso entre montañas / Rúa ou camiño moi estreito entre valos ou casas

Etimoloxía

Voz formada probablemente a partir destoutra “cano”.

Exemplos *

“É moi difícil subtraerse ao influxo do rumor. Cando se propaga, non queda avenida, nin rúa, nin canella onde non queira meterse.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

“En canto chegou á vila, a muller seguiu o seu instinto para guiarse polas intricadas canellas do casco vello. Nun lateral da igrexa, a carón dun edificio de tres plantas que semellaba un instituto de secundaria, atopou unha praza de estacionamento.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.