Pasta de fariña de trigo de forma rectangular con que se envolve un recheo
Etimoloxía
Palabra de orixe italiana que procede do termo análogo cannellone.
Exemplos *
“Ceaban nun restaurante italiano, ela canelóns e el un bisté á prancha. Non sei por que vimos cear a un italiano se ti sempre comes bistés.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)
“Son láminas para gratinar no forno, como as lasañas, ou para encher, como os canelóns e os raviolis.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.