canesú

Parte superior do corpo dun vestido, curto e xeralmente sen mangas // Parte dunha camisa, blusa ou vestido á que van cosidas as mangas, o colo e as demais partes da peza

Etimoloxía

Palabra adaptada da francesa canezou de significado semellante.

Exemplos *

“Un dos retratos que prefería contemplar era o da nai, na solaina do pazo, o día da presentación en sociedade, co vestido de cresatén, moi pingón, a saia acampanada, talle cinguido e canesú de encaixe chantilly pechado con minúsculos botóns de azabache.” (María Xosé Queizán: A semellanza, 1992)

“... polo moito tempo pasado de nenos atendendo dos postos nas feiras, mentres súas nais falaban de calcetas e canesús e das dificultades que entrañaba mandalos ó colexio pola vida ambulante que levaban, fortaleceron aínda máis os lazos de amizade entre os tres.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela / Piratas a estribor, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.