cangrexo

Decápodo da suborde dos braquiúros, de corpo reducido  máis ou menos aplanado, con pinzas no primeiro par de patas e do cal existen varias especies.

Etimoloxía

Vén do latín cancer, cancris, que deu lugar á forma antiga cangro e logo a este diminutivo.

Exemplos *

"Descubriremos a cova Sa Blava, pescaremos no alto mar e nas badías, comeremos paella de cangrexos …" (Anxo Angueira: Bágoas de facer illas)

"Sentíase coma un cangrexo ermitán vivindo nun labirinto de nácara." (Xavier Queipo: O ladrón de esperma)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.