Período máis caloroso do ano, que vai aproximadamente desde finais de xullo a primeiros de setembro
Etimoloxía
Palabra relacionada coa latina canicula 'Cadeliña', a estrela de Siro que se pode observar no verán.
Exemplos *
“Argallarei calquera escusa, por exemplo, que sinto debilidade por este abrigo, que o considero a miña segunda pel ou menos que, en plena canícula, o levo posto con toda naturalidade.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
“Todo se debe a un misterioso equívoco, pois as súas conxéneres aproveitan a primavera e a canícula para aniñar nas illotas mediterráneas.” (Bieito Iglesias: Tempos novos 2/05/1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.