canizo

Estrutura de paus ou táboas con varas, vimbios ou paus entrecruzados que se coloca a certa altura sobre a lareira para curar e afumar alimentos.

Etimoloxía

A partir do substantivo 'cana' (do latín canna, e este do grego kánna) ao que se xunta o sufixo -izo.

Exemplos *

“Maruxiña, do canizo trae castañas abaixo, e xa que non tes camisa tráeas no refaixo." (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885)

“Han de volver os meus ollos a contemprar ás rapazas que alá son peor que o demo, por máis que parecen santas, que son no atentar maestras e son en revoltas, sabias, que botan en parrafeos como en canizos castañas.” (Valentín Lamas Carvajal: O Tío Marcos da Portela)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.