canle

Estación de radio ou televisión

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina canale de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Entrementres, na media hora que durou o transo, acordoume pensar que se seis semanas son duras, como sería un confinamento en 1985? E en 1990? Con só tres canles de televisión, sen Tours de Indurain que repoñer, sen internet nin redes sociais e cun único teléfono na casa que vai a pasos (por certo, unha acepción que non desapareceu dos dicionarios).” (Xesusmmc: Diario dun filólogo confinado, 3-5-2020, na bitácora: https://diariodunfilologoconfinado.wordpress.com/2020/05/03/pasear/)

“–Hai que ver o que fan as canles de televisión para entreter a xente –protestou a tía Dores–. Se a tiveses apagada non tiñamos que estar escoitando todas esas parvadas.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.