canlón

Conduto que recolle e deita a auga que verte un tellado.

Etimoloxía

Derivado sobre canle que procede do latín canalis, –is 'conduto', 'rego' ou 'tubo'.

Exemplos *

"Na Coruña non chovía, diluviaba, cos sumidoiros traballando arreo e os canlóns dos edificios desbordados pola enxurrada." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

"Ten unha insólita e moderna cabana no medio, feita con bloques de cemento e pintada de cor verde, con teito de lousa, canlóns de material de plástico e con persianas nas ventás" (Jesús Alonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.