canouco

Alga parda mariña da familia das laminariáceas formada por láminas longas, duras e grosas unidas a un talo pequeno

Etimoloxía

Vocábulo que toma como base "cana" que procede do latín canna de significado análogo que toma unha unididade derivativa -ouco, como en penouco.

Exemplos *

“O tipo de laminarias que se atopa estes días nos areais é un alga comestíbel que tamén se coñece como canouco, faixa ou cachopo.” (F.S.: O Barbanza, 12-8-2019)

“Dende o punto de vista do medio destacan os fondos mariños; representados por grandes bancos de area nos que se traballa o marisqueo de ameixa e navalla, pradarías de canouco e seba ou as poboacións de cabaliños de mar.” (Concello de Vigo: Vigo camiño a camiño. Unha proposta de vida saudable, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.