cantadela

Peza musical cantada

Etimoloxía

Vocábulo derivado que ten como a voz “cantar” que bebe do latín cantāre de significado semellante.

Exemplos *

“A sen par cantadela / soa a silencio / cando a lúa se pousa / nun mastro vello.” (Elvira Ribeiro Tobío: Mar de mazá, 2020)

“Alá no fondo. Fondo. Non, vexo fermosos corais e peixes de cores e cabaliños de mar que sorrín e sereas coas súas cantadelas.” (Manuel Seixas: Trevo. Triloxía do Outono, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.