Composición cantada.
Etimoloxía
Procede do verbo latino cantare, a partir de canere 'cantar'.
Exemplos *
"En xeral, admítese que as relacións de Rosalía coa natureza maniféstanse de dúas formas diferentes: unha, sinxela e optimista que aparece só nos Cantares, e outra moito máis complexa e profunda na que se reflicten os conflitos e insatisfaccións do seu mundo interior …" (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: A cuestión ambiental en Galicia)
"Señora, soñades coas guerras das que falan os cegos nos seus cantares!" (Teresa Moure: Unha primavera para Aldara)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.