cantaría

Arte de traballar a pedra / Granito traballado por un canteiro

Etimoloxía

Voz que se forma sobre “canto”, palabra de orixe prerromana.

Exemplos *

“Achegouse, admirando a obra de cantaría, e comprobou que a través da xanela podía verse, de fronte, a pequena aldea de Santo Estevo, tan próxima.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

“A cociña ten unha parte esencial que unhas veces está a rentes do chan pero que outras veces se constituía con varios bloques de pedra de cantaría ou cun só grande.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.