cantariña

Insecto da orde dos ortópteros de cor verde ou tirando a verde, duns catro centímetros de longo, ollos saíntes, patas posteriores moi longas e ás moi curtas de cor dourada coas que emite un son

Etimoloxía

Termo que se forma sobre “cantar” e fai alusión ao son que emite o insecto. O nome científico é ephippiger ephippiger.

Exemplos *

“Os seus longos, eternos paseos nocturnos baixo a lúa chea, nas noites recendentes de primavera, sen relento nin xeeiro, nas noites mornas de verán, con cantares de grilo e cantariña.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Os culpables, 1993)

“Adoitan ter unha vista aguda ou sérvense doutros sentidos, olfacto, finísimo oído e métodos aínda máis requintados. Imaxinamos estes animais nocturnos como esveltos felinos, rítmicas cantariñas ou morcegos elegantes e misteriosos.” (Marilar Aleixandre: A compañía clandestina de contrapublicidade, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.