cantaruxar

Cantar a media voz, xeralmente emitindo só algunhas sílabas que expresan a melodía / Algo que soa ao se mover

Etimoloxía

Vocábulo formado sobre o verbo “cantar” que se forma sobre o latín cantare de significado semellante.

Exemplos *

“Espelliño ledo, / cristal manseliño, / ven cantaruxando / veira dos camiños.” (Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda, 1963)

“A nena cantaruxou unha melodía insistente, que tiña enganchada entre os dedos desde había un par de días. Non había quen lla quitase da cabeza.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.