canteiro, -a

Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción

Etimoloxía

Vocábulo que se forma mediante de sufixación sobre o termo “canto” que bebe do latín cantus ‘lamia dunha roda’ que remite a unha voz de orixe celta.

Exemplos *

“Así e todo, a vida do campo non lle era de todo allea, e iso éche ben raro, pois, por aquí entre nós, os pescos teñen a menos traballaren na terra. Aínda se daba boa maña como carpinteiro e, sobre todo, de canteiro.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Na praza aínda se podían ver algúns obradoiros onde traballaban canteiros e carpinteiros que restauraban pezas escultóricas do edificio catedralicio ou traballaban na ampliación do Hospital de peregrinos, que pecha a praza pola cara norte.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.