Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción.
Etimoloxía
É un derivado de canto 'pedra', forma de orixe prerromana.
Exemplos *
"E contoulles de cando traballou de canteiro, de como partía as rochas e colleu tanta forza que podería romperlle a man a calquera home." (Mario Regueira: L'affiche rouge)
"Á nai do sancristán, que ficara solteira, non se lle chegou a coñecer outro mozo que un de San Fiz, de profesión canteiro, que levaba unha orella partida e que andaba moi teso polas festas, cun reloxo de prata no chaleco, gastando traxe de tergal." (Ramón Loureiro: O corazón portugués)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.