cantilena

Canción popular breve, xeralmente de ton melancólico

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín cantilena que á súa vez vén de cantilare ‘cantarolar’.

Exemplos *

“Cando o seu fillo saía da casa facíanselle interminables os minutos, e para afastar a preocupación, Adela acompañaba á radio nas súas cantilenas.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte / Entraron as moscas, 1993)

“Oíndo a melodía o auditorio, homes e mulleres maduros, todos por riba dos cincuenta anos, todos vestidos de gris ou malva, todos infelices, colléronse polas mans e, de pé, entoaron a cantilena que Bernabé principiara.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.