Local aberto ao público onde se serven bebidas e comidas, que forma parte doutro establecemento, como unha estación de tren
Etimoloxía
Termo que nos remite ao italiano cantina de significado semellante.
Exemplos *
“O australiano que quixo ser escritor cando leu a Hemingway nas cantinas militares de Darwin e Port Moresby, Nova Guinea, os xaponeses a atacar dende Truk, Kusai, Jaluit e as illas Carolinas.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)
“O coñecido do Mouro resultou ser , contra o esperado, un personaxe extraordinario. Agardábaos, sen a súa irmá, para decepción do Mouro, nunha cantina do peirao, comendo desas salchichas en pan que os americanos daquel país, por algunha razón inexplicable, comparan cun can quente.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.