cantor, -a

Que loa algo ou alguén // que interpreta unha peza musical

Etimoloxía

Palabra que remite ao latín cantor. –oris cun significado semellante.

Exemplos *

“Ana Romaní e Miguel Anxo Fernán-Vello fixeron un paralelismo entre Xela Arias, Manuel María (respectivamente ) e Rosalía de Castro. Fernán-Vello matizou que Manuel María sentía pola cantora do Sar "devoción e amor". Pola súa parte, Ana Romaní indicou que Arias e Rosalía eran dúas mulleres comprometidas coa terra e os seus poemas eran "poéticos dá acción".” (C.B.: Galicia Hoxe, 25-2-2005)

“Coido que as miñas precisións, mesmo esquemáticas, poderán dar razón a quen vemos na cantora un ser forte, rexo, en vastas sazóns duro, alporizado e, ao tempo, tenro, humán, ledo.” (Domingo García-Sabell: As facianas do erotismo contemporáneo / A realidade humana de Rosalía, 1976)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.