caoba

Árbore da familia das meliáceas, duns vinte metros de altura, tronco recto e groso, follas alternas e flores brancas reunidas en inflorescencias / Madeira desta árbore, de cor vermella tirando a castaña, moi apreciada en carpintaría

Etimoloxía

Palabra de orixe caribeña.

Exemplos *

“Todos os membros da banda seguían os pasos do seu líder pola casa, coma se se tratase dun cortexo iniciático ou dunha estraña procesión. El acariñaba os mobles de caoba, xogaba coas copas de cristal de Bohemia, tocaba o liño dos lenzos, cheiraba o algodón branquísimo dos manteis e incluso puxo un fermoso pucho de feltro negro.” (Daniel Asorey: Nordeste, 2016)

“O que viña cara a nós era a selva. O mar fora unindo farrapos de fraga, entrelazando forestas á deriva. Os mastros que viamos de lonxe resultaron ser grandes árbores, xigantescas caobas. Entón escoitamos unha orquestral gargallada. Unha gran risada estarrecedora. Toda aquela natureza a esmendrellarse de nós.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.