capa

Peza de roupa de abrigo, sen mangas e aberta por diante, que se vai facendo máis ampla desde o colo ata abaixo dos xeonllos.

Etimoloxía

Deriva do termo do latín tardío cappa, –ae 'protección da cabeza', 'capa'

Exemplos *

"Polo outono, cruzando a fraga, entre os fentos ateixados, baixo as faias, tocado coa carapucha da súa capa azul, vai Lino Carrán dacabalo." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)

"Naia introduciu unha man nun peto da capa." (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.