capela ardente

Lugar onde se vela un defunto

Etimoloxía

Formación consistente no substantivo “capela” que vén do latín tardío capella ‘oratorio’ e o adxectivo “ardente” derivado do participio de presente latino ardens ‘que arde’.

Exemplos *

“Alí, naquela igrexa amañada de urxencia , instalouse a capela ardente na que se depositaron as mortallas de máis de cento cincuenta veciños de Cangas que foron masacrados.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“A capela ardente será instalada hoxe no seu estudio da rúa Coslada número 7.” (Ignacio Marchán: O Correo Galego, 6-2-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.