capela

Igrexa pequena, polo xeral cun só altar e frecuentemente anexa a outra

Etimoloxía

Palabra que vén do latín medieval capella 'anaco da capa de S. Martiño que se cre que lle deu a un pobre', e o 'oratorio para esta reliquia', capella é o diminutivo de cappa 'capa', que no latín tardío 'capucha'.

Exemplos *

“Trataron o casamento / na capela do Anenxo. / Coitadiño do Anselme ui, ai, ai / que entrou solto i saliu preso.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. VI Coplas diversas, 1993)

“Canta cuco, canta cuco, / na casiña da bubela; / coitadiña da meniña / que lle chove na capela.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.