Cada unha das partes nas que se divide unha obra literaria, un tratado, unha serie de radio ou televisión etc.
Etimoloxía
Vén do latín capitulum –i, que significaba primeiramente ‘cabeza pequena’, pero tamén ‘división dun libro ou dunha lei’.
Exemplos *
“Viña algunhas tardes á casa e poñíanse as dúas a escoitar o capítulo correspondente do serial, que daquela era unha tal Ama Rosa, creo recordar.” (Xosé Manuel G. Trigo: Extintos básicos)
“Foron os tempos de radionovelas, como El asesino de la hora cero, da que saíron ó aire 24 capítulos; os discos dedicados e as notas necrolóxicas, principais fontes de ingresos da emisora, xunto coa publicidade.” (O Correo Galego 18-05-1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.