capón

Galo castrado e cebado.

Etimoloxía

Vén da forma do latín vulgar cappo, -onis 'galo castrado'.

Exemplos *

"Ninguén máis asiduo da festa da Lamprea, da do Cocido e da do Lacón con Grelos, ninguén mellor degustador da Filloa e do Queixo de Arzúa, do Capón de Vilalba e do Licor Café de Allariz." (Alfredo Conde: Sempre me matan)

"… sendo cativo tiña ido co seu pai, grande entendido en coquinaria, á feira de Vilalba, onde mercaban un capón, que se xantaba na mesa familiar asado, con castañas cocidas e logo fritidas en manteiga de porco, con perdón …" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.