cápsula

Parte dunha nave espacial onde vai a tripulación.

Etimoloxía

Procede do latín capsula, -ae 'caixa pequena'.

Exemplos *

"… Armstrong debía estar durmidiño na súa cápsula espacial, probablemente en posición distinta á vertical, aínda que non necesariamente pracenteira, que por eses espazos todo é distinto …" (Teresa Moure: Herba moura)

"O cosmonauta chegou ao seu destino, a hibernación termina, por segunda vez, e definitiva, o home sae da cápsula, mira polo visor da nave agardando ver a Terra coa súa envoltura azul, mais o lugar da Terra no visor está baleiro …" (Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.