De cor entre ocre amarelada e verde agrisada.
Etimoloxía
Tomámola do inglés, pero a forma procede do persa hak ‘po’.
Exemplos *
“Outra das claves da moda esta tempada está no estilo militar, que se verá en chaquetas e capas, coa cor verde caqui como elemento indispensable, e estampados de camuflaxe.” (Ana Iglesias: Galicia Hoxe 21-11-2010)
“Toni, o meu amigo roto, cambiou un día o anorak de obreiro polo uniforme caqui de infantería.” (Xosé A. Ballesteros Rey: Talego)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.