carabelo

Pequena cesta con asa, feita con vergas ou varas tecidas

Etimoloxía

Palabra que garda relación coa portuguesa caravela diminutivo do latín tardío carabus ‘embarcación de vimbios forrada de coiro’.

Exemplos *

“Chegaban as peixeiras, desde a boca do río. Andando. Ás veces, deixaban os burros nunha casa e ían camiñando a outras, e levaban o peixe no brazo, nun carabelo, se non era moito.” (Alba Díaz Geada: Textos marinas, marosas e maruxainas, 11-12-2020 en comunidadermpl.gal) [visto en 8-1-2026]

“Os longueiróns, menos abondosos, apáñanos só para comer (...). Navallas e ostras nesta zona non atopan. Para traer o marisco usan carabelos.” (Esperanza Piñeiro de San Miguel e Andrés Gómez Blanco, Ardentía, nº 4, 4-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.