Crustáceo da orde dos decápodos semellante ao lagostino, pero máis grande e de cor vermella escura
Etimoloxía
Voz derivada sobre “carabina” e esta tomada da francesa carabine ‘arma’. O nome científico é Plesiopenaeus edwardsianus.
Exemplos *
“O chef Dani Guzmán, sorprenderanos hoxe cunha saborosa ensalada de arroz con brotes de espárragos sobre tártaro e carabineiros.” (AA.VV: Ata a Cociña, 7-6-2022) en https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/ata-a-coci-a-154-5696165 [visto 24-9-2024]
“Veira Añón impúxose a outros nove restauradores de Galicia, Asturias e Cantabria cun menú composto por "carabineiro en vermello" de entrante, "caldeirada 2009" como prato principal, e "a primavera agridoce" de sobremesa.” (Axencia: Galicia Hoxe, 16-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.