Semente dura dalgunhas froitas, como pexegos, cereixas, olivas etc.
Etimoloxía
Palabra que se relaciona coa grega karyon ‘noz’.
Exemplos *
“Equivócase de número. Happy colgou e entrou na cociña. Sentou ata acabar de comer a ameixa e pousou a carabuña nun prato de sobremesa. O teléfono volveu soar.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“As primeiras pavías da tempada, algo verdes aínda, agromaban naquel improvisado teito mariñán, e mordéronas primeiro aos poucos, e logo, ansiosamente, cruzaron os brazos, ofrecéronse a froita, pavía a pavía, ata as carabuñas...” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


