Expresión que denota sorpresa, enfado ou desgusto
Etimoloxía
Voz expresiva que pretende substituír estoutra, “carallo”, por considerala vulgar.
Exemplos *
“Nando!, Nandiño!, Non me fagas isto, carafio! Nando sentiu unha cousa estrañísima. Os síntomas da gripe desapareceran e podíase ver con perfecta nitidez tirado no chan, a faciana branca a máis non poder e as pálpebras entornadas sen a menor mostra de vida.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)
“El cría que todas as cousas de valor eran duras como metais ou pedras e preguntouse para que carafio valería aquilo.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.