Pequeno tumor duro e purulento formado na superficie da pel e no tecido subcutáneo
Etimoloxía
Palabra froito do encontro de “caruncho” con “furuncho”.
Exemplos *
“A infección é producida por calquera picadura que inxecta un xerme na punta do dedo (...), e fórmase un carafuncho que ó romper bota materia e mostra unhas excrecencias de carne que semellan a boca aberta dunha píntega. A crenza era xeral, nós tiñamos a obriga de explicarlles que non había tal cousa, pero mallabamos en ferro frío; era o aire dunha píntega e acabouse.” (Manuel Reimóndez Portela: Un médico na aldea, 1992)
“Un rapaz con carafunchos nas fazulas e expresión de desacougo, ataviado con camisa branca, pantalón negro e unha gravata de lazo, entrou no despacho do cónsul coa ollada posta nunha teteira, nunha xerra de leite e en dúas cuncas de Sargadelos. –Non penso aceptarlle unha negativa a probar o noso té.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.