Capa de xeo que se forma sobre unha superficie líquida cando vai moito frío.
Etimoloxía
Procede do latín calamellus, diminutivo de calamus 'cana'.
Exemplos *
"O frío lañaba os beizos e transformaba o nariz nun carambelo morado." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)
"Xandón botoulle un caldeiro de auga -estaba fría como o carambelo– pola cabeza." (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.