Xeo que queda colgando nalgún sitio ao conxelarse a auga que cae
Etimoloxía
Palabra que se forma na do latín vulgar *calamulu ‘cana pequena
Exemplos *
“Reparei nos ramallos e pola dirección que collen souben que había vento soán, sempre sopra na hora do solpor. Polo mencer soprará tamén. Isto foi onte. Aquí metida, dixen eu, estou feita un carambo, algo está fallando, quero saír.” (Xohana Torres: Adiós, María, 1971)
“Arredor os campos, soutos e fraguelas estaban ateigados; unha grosa capa recubría as abas dos montes e das árbores pendían os carambos.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.