Lambetada de azucre fundido, de distintos aromas e sabores, que pode estar reenchido e ter formas variada
Etimoloxía
Probablemente do vocábulo latino calamellus,i, diminutivo de calàmus 'cana'.
Exemplos *
“A muller mirou para a súa asistente, e esta non tardou en abrir o bolso e darlle un puñado de caramelos a Celia.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)
“El era moi bo, don Pedro, con todo o mundo. Sempre traía o peto cheo de caramelos cando viña da capital. Xa sabe, para os nenos.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


