carapucha

Gorro rematado en punta pola parte posterior.

Etimoloxía

Variante de caparucha que xorde do termo italiano cappuccio 'capucho'.

Exemplos *

"A rapaza baixou a carapucha e deixou á vista os cabelos, longos e mouros que el aínda non vira soltos." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

"Anne mira cara atrás e ve a carapucha bordada de Madame Ébano" (María Reimóndez Meilán: Pirata)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.