carauta

Obxecto que representa unha cara, que se utiliza para cubrir e ocultar o rostro

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “cara” que procede do latín tardío cara que chega do grego kára ‘cabeza’.

Exemplos *

“Sentín unha grande pena, unha das maiores mágoas da miña vida : a boca entreaberta, os ollos sen expresión, o ton verde claro da faciana do Souza, ríxida, lembraban necesariamente unha carauta, algo do Antroido, ridículo, na visión imprecisa através da auga...” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)

“-Xa podedes quitar a carauta do voso disfrace. E quitouna e a lúa e o mar calmo de Venecia e o corazón aloucado dun soldado namorado sufriron un mareo de emoción e felicidade.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.