Vehículo ou remolque equipado como unha pequena vivenda.
Etimoloxía
A orixe desta voz está no persa karawan ‘recua de cabalarías’.
Exemplos *
“… mentres Mica durmía eu saín da caravana para ir dar a miña volta matutina en bicicleta.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)
“Tadeu vendera a casa e mercara unha enorme caravana. Eu, debo confesalo, pensei abraiado “¿Tadeu un hippy? ¡Por favor!”.” (Uxía Casal: Vidas exemplares)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.