caravel

Planta herbácea da familia das cariofiláceas, co talo delgado e nodoso, follas estreitas opostas e flores de distintas cores, de pétalos dentados

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do termo latino clavellu que é o diminutivo de clavu ‘cravo’.

Exemplos *

“Cando á altura de La Flor de Mayo reparei en que na porta había dous mozotes, un deles termando dunha flor, se cadra dalia ou caravel, que pasaron xa ben de anos desde aquela.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda / Onde a ponte que xa non leva, como levaba, os animais totémicos dos Andrade, 2010)

“A señora Elpidia temperouse pola tarde e propúxolle a Ganga traballar nas reformas do xardín. Unha parte do proxecto estaba case concluída. Consistía nun macizo de caraveis indios, que andaban nos primeiros abrochos, e unhas prímulas en plena floración.” (Antón Lopo: Ganga, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.